Etiqueta: concierto

[Vigo] Dúas actividades para o martes 29

Todos sabemos que o nadal é unha época na que as ONG aproveitan o espíritu destas festas para incrementar as súas campañas de captación de fondos e sensibilización. Ben sei que hai moita xente que recela destas campañas navideñas por consideralas aproveitadas, inda así correrei o risco de promocionar algúns actos, ben porque sei que son desinteresados, ben porque coñezo aos organizadores e estou seguro de que van a estar ben.

Martes, 29 de Decembro as 19:30.

Conferencia de Arcadi Oliveres, Acabar coa pobreza en tempos de crise. Arcadi é catedrático de economía na Universidade Autónoma de Barcelona e un coñecido decrecionista. A conferencia é na Sala de Conferencias do Centro Cultura Caixanova (Policarpo Sanz, 13). Aconferencia está organizada pola Rede Social Galicia Sur. Tanto se es decrecionista, como se queres saber algo sobre o tema, coma se estás en contra e queres coselo a cuestións esta é a túa oportunidade.

29 de Decembro as 22:30

A ONG Entreculturas, en colaboración con COCONUT , invítanos ao 3º Concerto Solidario de Nadal na Fábrica de Chocolate, en beneficio do Proxecto «Apoyo a la Reconstrucción en Sur Sudán». Actuarán Maryland e Nico Pastoriza (e amigos, …) Entrada 5€

Actualización: Aprovecho esta entrada para comentar que el Martes 5 de Enero habrá también un acto bastante chulo para reclamar un albergue y centro de inclusión social para Vigo.