Manifestación contra a pobreza [Vigo]

Cartel Pobreza Cero 2007O próximo domingo 21 unha manifestación percorrerá as rúas de Vigo para rebelarse contra a pobreza e esixir máis feitos e menos palabras. A manifestación partirá as 12:00 da Praza de América e está organizada polo Foro Social Galicia Sur.

A manifestación enmárcase dentro dos actos organizados pola Alianza española contra la pobreza con motivo de esixir o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio., un acordo firmado no ano 2000 por 189 xefes de Estado e de Goberno na sede nas Nación Unidas con fin de acabar coa pobreza e a fame no mundo no ano 2015. Na actualidade estamos lonxe de cumprir ese obxectivo, pero todavía é posible acadalo se facemos a suficiente incidencia política porque

social, económica e tecnicamente é posible acabar coa pobreza

O Foro Social Galicia Sur é un conxunto de colectivos de Vigo e arredores entre os que se están Amarante, Ayuda en Acción, Cáritas, Comite Oscar Romero, Dar máis, Educación sen Fronteiras, Entreculturas, Igadi, Imán, Intermon Oxfam, Enxeñería sen Fronteiras Galicia, Mundos Cooperativa de comercio xusto, Red de jóvenes solidarios, Secretariado Xitano e Verdegaia.

Espero veros a todos na manifestación, Domingo 21 de outubro ás 12 na Praza de América, e recorda …

Somos a primeira xeración capaz de acabar coa pobreza

Material adicional: (descarga dende páxina externa)


Deja una respuesta